A cesión do Hospital Xeral de Lugo, "propaganda" de Feijóo e Báñez

O PSdeG reprocha a "posta en escena para a galería" dunha cesión que "tiñan que facer non hai meses, senón hai moitos anos".


|

Luisalvarezpsdeg 1Luis Álvarez ve un acto de "campaña electoral".


O viceportavoz do PSdeG e parlamentario por Lugo, Luis Álvarez, anticipou que ve un "acto publicitario" o previsto para este mércores na cidade amurallada, no que o presidente da Xunta e a ministra de Emprego, Fátima Báñez, asinarán o convenio de cesión dos terreos que ocupan o vello Hospital Xeral para usos non sanitarios.


"O que cabe esperar é un acto meramente publicitario, dentro da consellería de Propaganda que funciona dentro da Xunta de Galicia", denunciou o socialista.


Álvarez considerou que "é unha posta en escena para a galería, para a cesión duns terreos e unhas instalacións que xa podían ter feito hai moito tempo".


Así, sostén que tanto Feijóo como Báñez "veñen facer campaña electoral para as municipais no Concello de Lugo". "Un acto de propaganda que hai que poñer no seu xusto valor que é ningún", lamentou.


Así mesmo, Luis Álvarez apelou a que esa firma "se podía facer, se fose un goberno eficiente e eficaz, nun despacho". "Podía ir Feijóo a Madrid, que vai con frecuencia, ou vir Fátima Báñez a Galicia, que non vén con frecuencia", ironizou.


O parlamentario lucense concluíu que se trata de "un acto de publicidade de algo que tiñan que facer non hai meses, senón hai moitos anos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE