Os nefrólogos galegos reclaman xeneralizar as novas técnicas de hemodiálise

Durante unha reunión en Santiago destacaron a "melloría da calidade de vida" dos pacientes que acceden a estas técnicas.


|

Hemodialisis 1Máquina de hemodiálise, nun hospital.


Nefrólogos galegos destacan as vantaxes das novas técnicas de hemodiálise como a "hemodiafiltración online de alto volume", que representa unha técnica de diálise continuada con líquidos ultrapuros que permite unha mellor depuración das toxinas urémicas.


Manifestouno o doutor Cándido Díaz Rodríguez, nefrólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, durante a celebración do 'Update en HDF Online de Alto Volume' na capital galega.


Durante esa reunión, nefrólogos de distintos centros de Galicia achegáronse ao coñecemento desta técnica de hemodiálise facendo un percorrido histórico desde os seus inicios ata a actualidade, a través das melloras que se foron incorporando, segundo informou a organización do evento.


Posteriormente, tivo lugar unha quenda de debate no que se expuxeron algúns aspectos relacionados coa utilidade e indicacións da HDF-OL de alto volume, e no que se puxo de manifesto o coñecemento desta técnica e das súas vantaxes por parte dos nefrólogos asistentes. Todos eles coincidiron na importancia de facer extensiva a súa indicación.


"Un paciente mellor dializado está menos inflamado, con mellores parámetros nutricionais e unha mellor resposta ao proceso de produción de glóbulos vermellos, o que contribúe a unha importante melloría da súa calidade de vida", concluíu este experto.

relacionada Unha anciá soporta viaxes de 6 horas ao seu tratamento tendo un hospital á beira da casa
relacionada Máis de 3.500 galegos necesitan diálise ou están á espera dun transplante de ril

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE