Deteñen a Villar e o seu fillo nun operativo contra a corrupción na Federación de Fútbol

|

VillarrfefÁngel María Villar foi reelixido hai menos de dous meses.


A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil desenvolve un operativo por corrupción na Real Federación Española de Fútbol. Á primeira hora da mañá foran detidos o presidente da Federación, Ángel María Villar, reelixido hai menos de dous meses, así como o seu fillo Gorka, segundo informaron a Europa Press fontes da investigación.


A investigación coordínase co titular do Xulgado Central de Instrución número 1 da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz e inclúe rexistros. Segundo as mesmas fontes, está previsto tamén o arresto doutros membros da cúpula da federación, entre eles o vicepresidente económico.


Os axentes estarían a buscar evidencias de presuntos delitos de corrupción entre particulares, falsidade, administración desleal e apropiación indebida.

relacionada As cifras da corrupción: 87 no cárcere e 659 procesados
relacionada A 'Operación Lezo' dispara a preocupación pola corrupción, segundo o CIS

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress