O Celta incorpora ao centro do campo o eslovaco Stanislav Lobotka

O club afirma que "achegará á medula celeste dinamismo, calidade, intelixencia e despregamento físico". Chega por cinco tempadas.


|

LobotkaceltaStanislav Lobotka, terceira incoporación do Celta.


Terceiro reforzo estival do Celta. O club vigués incorpora ao internacional esolvaco Stanislav Lobotka, de 23 anos, que asina polas próximas cinco tempadas.


O Celta destaca que se trata dun "futbolista mozo con ampla experiencia internacional e nas ligas eslovaca e danesa e que ademais brillou de maneira extraordinaria na recente Eurocopa Sub-21".


Segundo a descrición que fai o club, "achegará á medula celeste dinamismo, calidade, intelixencia e despregamento físico". "Pode xogar con absoluta solvencia tanto de medio centro coma de interior", explican.


En canto á súa experiencia previa, procede do Nordsjaelland da Superliga de Dinamarca, "onde se erixiu no motor do equipo desde a súa chegada en 2015". Ademais, "é internacional absoluto con Eslovaquia, con cuxo combinado nacional debutou o pasado ano, ademais de nas seleccións sub-19 e sub-21. Neste último equipo brillou na recente Eurocopa, onde foi elixido mellor xogador do partido en dúas ocasións", destaca o Celta.


A súa presentación como celeste ante medios e afección será este luns ás 12:30 en Balaídos.

relacionada Unzué: "Vexo unha actitude fantástica en todos os xogadores"
relacionada Así é Maxi Gómez, a nova fichaxe do Celta
relacionada Jozabed reencóntrase co celtismo: "Foi sempre a primeira opción"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE