As empresas de transporte teñen ata o mércores para presentar as súas ofertas

Son 41 concesións repartidas por toda Galicia. Teranse en conta aspectos como antigüidade dos vehículos e que leven cintos de seguridade.


|

Autobuses 1Adxudicaranse 41 novas concesións de transporte público.


As empresas que aspiran a prestar os servizos do plan de transporte público de Galicia terán de prazo ata o vindeiro mércores para presentar as súas ofertas.


Será entón cando finalice o período de cinco días naturais que establece o prego para a remisión de propostas, a contar desde a xornada seguinte á da recepción das convocatorias, que foron remitidas este venres pola Consellería de Infraestruturas.


O prego de condicións que rexe o proceso de contratación das 41 novas concesións de transporte público de Galicia recolle, segundo destaca o departamento autonómico, "a vontade de facilitar a participación das pequenas e medianas empresas e de primar a calidade e a seguridade na prestación dos servizos sobre os aspectos económicos das ofertas".


Co primeiro dos obxectivos, e na liña do acordo do Consello da Xunta, cada grupo empresarial poderá resultar adxudicatario dun máximo de 10 contratos de transporte público. Ademais, nos dez contratos de menor volume priorizaranse as ofertas que presenten as pequenas empresas, segundo reivindica a consellería.


Di Infraestruturas que "na procura do reforzo da calidade e da seguridade na prestación dos servizos de autobús", na valoración das ofertas "teranse en conta aspectos tales como a antigüidade máxima e media dos vehículos, os cintos de seguridade ou a dotación dunha base ou instalación fixa que permita acurtar os tempos de resposta".


No caso dos servizos de transporte escolar de uso compartido "cobrará especial relevancia a adscrición de vehículos provistos de cinto de seguridade", destaca a Xunta. Nestes servizos valorarase tamén a estabilidade e a seguridade do persoal acompañante para garantir a calidade do servizo.


A PARTIR DE AGOSTO


Esta primeira fase do plan de transporte público de Galicia prevé contratos por un período de dous anos, ata que no ano 2019 se poña en marcha a reordenación integral de concesións en Galicia.


A Consellería de Infraestruturas insiste en que o plan de transporte público de Galicia "non só permitirá manter eses servizos e o emprego, senón que mellorará notablemente as posibilidades de mobilidade no medio rural".

relacionada Suspendida a folga de autobuses ao alcanzar un principio de acordo salarial
relacionada Feijóo promete ás empresas do transporte que "non perderán diñeiro"

1 Comentarios

1

Hai que respetar as cláusulas sociais e laborais. Eso é o que importa.

escrito por Rosa 15/Xul/17    13:18 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE