Estrella Galicia elixe Brasil para a súa segunda fábrica no mundo

O mercado brasileiro, onde desembarcou en 2008, "é o primeiro en importancia" para a compañía fóra de Europa.


|

EstrellagaliciacanhacervezaA compañía desembarcou no mercado brasileiro en 2008.

Estrella Galicia anunciou a súa intención de contruir unha segunda planta de fabricación de cervexa e concretou que a localidade escollida é Poços de Caldas, no estado brasileiro de Minas Gerais.


Como concretou a compañía a través dun comunicado remitido aos medios, nesta iniciativa investirá uns 100 millóns de reais para unha capacidade instalada inicial de 20 millóns de litros "ampliables en función da demanda".


Ademais, indicou que o mercado brasileiro "é o primeiro en importancia" para Estrella Galicia "fóra de Europa" e supón "un gran potencial" tanto no consumo global como para a gama 'premium', pois "está a experimentar un gran crecemento".


De feito, esta marca iniciou o seu desembarco en Brasil en 2008 e "consolidouse como un dos operadores de referencia en cervexa europea premium". Actualmente ten unha filial en Sao Paulo.

relacionada Estrella Galicia ficha un 'ex de Amazon'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE