Unzué: "Vexo unha actitude fantástica en todos os xogadores"

|

Unzuecelta 2Juan Carlos Unzué aspira a Europa League.


As primeiras palabras de Juan Carlos Unzué tras os primeiros días de traballo cos xogadores serven para mostrar publicamente a súa confianza. O técnico do Celta declarou que "o balance polo momento é bo, vexo unha actitude fantástica en todos os xogadores, do primeiro ao último, e con ganas de desfrutar".


Á espera de que se incorporen os internacionais e algún reforzo máis, Unzué ve boa pinta ao equipo que dirixirá durante a tempada. "Coa xente que teño, podo estar moi contento", afirmou.


Tanto, que se ve como candidato a volver a Europa League, a pesar do 'tráfico' desa zona da táboa: "No primeiro grupo de equipos máis aló da Champions, creo que o grupo é extenso, porque poden pensar en entrar en Europa, creo que somos moitos".


Tamén se referiu ao cambio na forma de marcar e defender do que falou Hugo Mallo. "hai momentos do xogo onde o home a home o imos ter que seguir facendo. Imos tentar xogar en campo rival, sempre que nos favoreza, ser valentes, apertar e presionar alto ao rival. Nese tipo de situacións a presión non vai diferir demasiado. Esa defensa en zona será nos nosos repregamentos", confesou, porque reconce que "este equipo fixo moitas cousas ben, e entre outras, foi un equipo moi agresivo, moi incómodo. Sufrímolo".

relacionada O Celta recupera para Unzué a estada de Luis Enrique
relacionada O Celta volve ao traballo baixo as ordes de Unzué
relacionada Hugo Mallo non quere marcar os obxectivos a estas alturas da pretemporada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress