Un profesor da UVigo descobre un manuscrito en galego dos 'Séculos Escuros'

Trátese dunha carta en verso dirixida contra o Cura de Fruíme, escrita cun "rexistro lingüístico coidado".


|

ManuscritoseculosescurospeqFragmento do manuscrito dado a coñecer.

O profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo Xosé A. Fernández Salgado sacou á luz un manuscrito inédito, en galego culto, de ao redor de 1770, do período coñecido como os 'Séculos Escuros'.


Trátase dunha longa carta en verso, en concreto 50 décimas, dirixidas contra don Diego Zernadas, coñecido como o Cura de Fruíme, sacerdote e escritor da Galicia da Ilustración. O estudo deste manuscrito, a cargo do profesor Fernández Salgado, publicouse baixo o título 'Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas' por parte de Edicións Laiovento.


A importancia de dar a coñecer este manuscrito reside, segundo apuntou o investigador da UVigo, en que apenas hai textos escritos en galego entre os séculos XVI e XVIII. Así, apuntou que este achado fai supoñer que si houbo escritura en galego pero que posiblemente, "moitos deses textos non chegaron a imprimirse".


Outra característica relevante é o tamaño do texto, 500 versos, o máis longo coñecido desta época, despois das coplas do Padre Sarmiento. "A súa extensión, datación, redacción íntegra en galego e un rexistro lingüístico coidado converten as 'Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas' nun texto de referencia obrigada na historia da lingua e literatura galegas", subliñou Xosé A. Fernández Salgado.


O profesor explicou que atopou o manuscrito en 2011, entre os documentos sen catalogar do arquivo da Fundación Penzol e que posiblemente sexan procedentes do fondo de Xosé María Álvarez Blázquez.

relacionada Case 1.700 persoas examínanse para obter unha acreditación de lingua galega

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE