Salas de espera a 35 graos no centro de saúde do Porriño

|

ConsultacentrosaudeConsulta dun centro de saúde.


O Concello do Porriño denunciou que, ás "gravísimas deficiencias" do centro de saúde, súmase que os usuarios soportan temperaturas de ata 35 graos dentro das instalacións despois de que "deixara de funcionar o sistema de climatización que Sanidade colocou hai menos dun mes".


Nun comunicado remitido este xoves, o Goberno local censurou que, debido a isto, nas consultas "houbo que recuperar os antigos aparellos de refrixeración", os cales o propio Sergas recoñeceu que eran "insuficientes"; e ademais "non hai ningún tipo de sistema que alivie a situación das persoas que están a esperar para ser atendidas polos médicos".


Tal e como lembrou, o centro de saúde sitúase nun inmoble completamente acristalado e moi exposto á luz solar. Así, sinalou que este xoves a temperatura nas salas de espera superou "nalgún momento os 35 graos" e nalgunha das consultas estaba "preto dos 30", unha calor que "está a afectar especialmente aos nenos e anciáns".


ARRANXARASE ESTE VENRES


O Servizo Galego de Saúde (Sergas) manifestou que a avaría rexistrada no sistema de climatización se limita a unha área moi concreta, especificamente unha zona de consultas nunha área da primeira planta, e indicou que este venres, "en principio", estará arranxado.


En todo caso, aseguraron que esta semana traballaron no lugar varios técnicos, que consideraron que o fallo é eléctrico, polo que este venres desprazaranse outros operarios. "Mañá esperamos que quede solucionado", manifestaron estas fontes o xoves, antes de remarcar que lamentan "as molestias" causadas aos usuarios.

relacionada O Sergas desmantela un centro de saúde de Forcarei por aforrar 50.000 euros
relacionada Valdeorras e a zona do Miño superan hoxe os 36 graos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress