As urxencias do CHUAC, as primeiras en colpsar polo peche de camas

|

HospitalcorunachuacHospital da Coruña (Chuac).


A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) denunciou este xoves o "colapso" no servizo de urxencias como consecuencia do peche de camas no verán.


Segundo indicou a comisión a través dun comunicado remitido aos medios, desde principios do mes de xullo, o ámbito de urxencias vese "colapsado" debido á "permanencia no servizo dun elevado número de pacientes varados á espera de cama" e "amontoados por ducias nos corredores".


Respecto diso, censurou a "falta de camas para pacientes críticos" e de "profesionais para atendelos" e reclamou que tanto os pacientes como as súas familias teñen dereito a ser atendidos "en condicións que non atenten contra a súa dignidade" e que garantan "os dereitos de intimidade e confidencialidade".


Así mesmo, alertou de que tamén "se pecharon camas de atención a pacientes críticos", en UCI e reanimación, e de que "se reduciu o persoal destes servizos".


Ante esta situación, a Comisión de Centro esixiu que "se manteñan abertas e en funcionamento todas as camas do Chuac, paralizándose inmediatamente o peche de camas en medicina interno do Hospital Abente e Lago".

relacionada Traballadores do Chuac rebélanse contra a política de peche de camas no verán
relacionada Denuncian á xerencia do CHUAC e do CHUS ante a Fiscalía pola espera de pacientes nos corredores
relacionada "Entre o 15 e o 20%" das camas do Sergas estarán pechadas este verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress