Os políticos galegos, divididos no debate sobre os ventres de aluguer

"A legalización poñería o foco nas mulleres máis vulnerables inducíndoas a prestarse a ser xestantes por necesidade".


|

CestabebefeijooA 'caixa finlandesa' da Xunta.

O PPdeG votou en contra dunha iniciativa do BNG apoiada por En Marea e PSdeG coa que a oposición pretendía un pronunciamiento da Cámara galega en contra da legalización dos ventres de aluguer.


Desta maneira, o texto non saíu adiante, e en concreto a deputada de En Marea Paula Quinteiro advertiu de que non votar a favor --polos populares-- significa non xa "poñerse de perfil", senón estar "a se decantar".


Pola súa banda, Pontón rexeitou "eufemismos" como o da maternidade subrogada que, para a portavoz do BNG, "pretenden esconder" que esta práctica supón "alugar mulleres para que outros poidan perpetuarse xeneticamente", acabando na "mercantilización e cousificación das mulleres".


Contraria a unha práctica que ve "reaccionaria" e propia da "ideoloxía neoliberal e patriarcal", a nacionalista cre que isto "non pode ter ningún amparo", e "quen o defende quere converter a capacidade reprodutiva nun negocio" ou, mesmo, "lexitimar a compra e venda de bebés". "Hai outras explotacións no mundo que nunca se nos ocorrería regulalas", remachou.


"TRANSCENDE AS COMPETENCIAS"


Na súa quenda, a popular Paula Prado fixo fincapé na necesidade dun debate e reflexión amplos sobre este tema, coas implicacións que ten sobre mulleres e menores, e para evitar en calquera caso o "turismo reprodutivo".


Con todo, ante unha cuestión "que transcende as competencias da comunidade e tamén as Cortes Xerais", propuxo solicitar da Eurocámara un estudo sobre a situación normativa nos estados membro, con independencia da decisión da Corte Internacional da Haia en 2018.


"RIDÍCULO"


En representación de En Marea, Paula Quinteiro censurou "ter que inhibirse" e viu "ridíciulo" recorrer constantemente "a que é un debate profundo", máis "cando o presidente Feijóo fixo as declaracións que fixo" respecto diso. Ao titular da Xunta, de feito, interrogoulle sobre "que ten que ver" isto "co problema demográfico".


"Detrás dos ventres de aluguer non hai unha verdadeira igualdade de elección", aseverou, antes de indicar que En Marea teno "claro": "Opoñémonos por completo e sempre estaremos a defender os dereitos das mulleres", afirmou.


En canto á posición do PSdeG, María Pierres apostou por falar "sen reviravoltas" e sinalou que os socialistas están "en contra" dos ventres de aluguer, cunha "oposición firme".


"Non podemos apoiar ningún tipo de práctica que favoreza a mercantilización das mulleres, avisou, e vinculou esta práctica tamén con "a pobreza", xa que "ten xénero feminino", e a "cousificación".


E é que, en opinión da socialista, "a legalización poñería o foco nas mulleres máis vulnerables inducíndoas a prestarse a ser xestantes por necesidade". Ademais, rexeitou "levar a pelota a outros lugares, esperando que outros decidan" polos galegos.

relacionada En Marea sitúase en contra de legalizar os ventres de aluguer
relacionada Pedro Sánchez posiciónase en contra da "mal chamada maternidade subrogada"
relacionada O PP apraza posicionarse sobre a maternidade subrogada, que Feijóo pediu debater

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE