Masa Galicia gaña o premio á excelencia preventiva de Endesa

|

Endesa aspontes1

Central de Endesa nas Pontes.


A empresa Masa Galicia gañou o Premio á Excelencia Preventiva, que outorga Endesa, polo seu desempeño nos traballos de revisión do grupo I da Unidade de Produción Térmica (UPT) das Pontes.


O galardón recoñece o esforzo realizado para evitar accidentes ou situacións de risco dos empregados externos cando prestan servizos a Endesa. Ademais, mellora a posición da empresa auxiliar á hora de concursar por novos contratos.


A UPT das Pontes acometeu durante marzo e abril, ao longo de seis semanas, traballos programados de mantemento no seu grupo I, con inspeccións e substitucións de pezas en caldeira, turbina, alternador, equipo eléctrico e auxiliares.


Orzadas en 8,1 millóns de euros, nas tarefas interviñeron vinte e cinco empresas contratistas, moitas delas da comarca. A revisión realízase sempre co resto da instalación en funcionamento, polo que poden coincidir no seu interior uns 250 traballadores externos e o persoal que habitualmente se ocupa de operar a central.


Co fin de asegurar as boas prácticas para evitar accidentes, Endesa reforza desde hai uns anos os protocolos esixibles co establecemento do Premio á Excelencia Preventiva, para o que unha consultora experta, SGS, realiza un control externo con puntuacións semanais. Na escala, 100 é o tope máis alto e todo o que baixe de 75 indica situacións de emerxencia. Nesta ocasión, a gañadora, Masa, obtivo unha puntuación final de 95. Con todo, a totalidade das vinte e unha empresas auditadas acreditou unhas prácticas moi boas, xa que ningunha obtivo menos de 90 puntos.

relacionada A central das Pontes alcanzou o 100% dos seus obxectivos ambientais de 2016
relacionada A central das Pontes para quince días para unha revisión a fondo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress