Os galegos da Segunda B loitarán contra os quilómetros e as billeteiras
A nova conformación dos grupos da categoría de bronce non é favorable aos sete representantes galegos.
Partido entre o Celta B e o Boiro, a tempada pasada.
Os sete equipos galegos que esta tempada competirán en Segunda B terán que medirse no Grupo I a madrileños, castelán-manchegos e a catro dos seis clubs de Castela e León.
A nova división obriga aos clubs da nosa comunidade a desprazamentos máis longos e a medirse contra os temidos equipos madrileños, moitos deles, filiais de clubs grandes ou que contan cos orzamentos máis altos da división.
Galicia defendía nesta ocasión unha proposta continuista, que metería no mesmo grupo a Asturias, Castela e León e Navarra, aínda que non contou co apoio suficiente.
Celta B, Pontevedra, Racing de Ferrol, Coruxo, Fabril, Rápido de Bouzas e Cerceda terán como rivais a Ponferradina, Valladolid B, Guijuelo, Gimnástica Segoviana, Rayo Majadahonda, Fuenlabrada, Real Madrid Castilla, Navalcarnero, San Sebastián de los Reyes, Atlético de Madrid B, Unión Adarve, Toledo e Talavera.
Esta composición será ratificada o día 20 pola Asemblea Xeral da Real Federación Española de Fútbol.
Escribe o teu comentario