O Dépor anuncia a fichaxe de Gerard Valentín, do Nàstic

|

GerardvalentindeporGerard Valentín, nova fichaxe do Dépor.

Gerard Valentín converteuse esta tarde en novo xogador Dépor para as próximas 4 tempadas, procedente do Nàstic de Tarragona, tal e como informa o club herculino na súa web.


O lateral dereito, formado nas categorías inferiores do Figueres FC, pasou a súa etapa de xuvenil no Girona FC e o seu primeiro ano de amateur no Sevilla FC. En 2013, debutou en Segunda B nas filas do UE Olot que o traspasou ao Gimnàstic de Tarragona.


Segundo a desrición do Dépor, "destaca por ser un lateral cunha gran proxección ofensiva e un fantástico un contra un". Durante a pasada campaña xogou un total de 33 partidos e máis de 2.400 minutos (2484 minutos) marcando 2 goles. Sumando as dúas últimas campañas, un total de 45 partidos e máis de 3.000 minutos.


Gerard Valentín pasará recoñecemento médico e incorporarase xa mañá á pretemporada do equipo en Abegondo.


No apartado de entradas, parece estar case listo o regreso de Carles Gil. Tanto o club branquiazul como o xogador están de acordo, pero falta o si do Aston Villa.


Todo nun día no que Juan Domínguez adestrouse de novo en Abegondo e os internacionais do Dépor Celso Borges, Fayçal Fajr, Florin Andone e Emre Çolak volveron poñerse ás ordes de Pepe Mel.

relacionada Oito adestramentos e seis amigables para non perder o tempo
relacionada Álex Bergantiños sae cedido ao Sporting de Xixón

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress