España, disposta a acoller a 500 refuxiados máis ao mes este verán

|

Refuxiados 1Refuxiados sirios.

A vicepresidenta do Goberno anunciou este mércores que España ofrecerá á Unión Europea a recolocación de 500 persoas máis ao mes, nos tres próximos meses, para axilizar a crise migratoria existente en Europa. Esta decisión chega tras unha petición de Bruxelas para que os países fagan un "esforzo adicional" en materia de acollida.


Durante o Pleno de control ao Goberno no Congreso, Sáenz de Santamaría defendeuse das acusacións de "inacción" nesta materia que lle lanzaron tanto a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, e o deputado do PDeCAT Jordi Xuclà. Ambos lembráronlle que ata agora o país recibiu a menos de 2.000 refuxiados, cando se comprometeu a acoller a máis de 17.000 antes do 27 de setembro.


Con todo, a vicepresidenta indicou que non se trata dun problema do país, senón "compartido", xa que en toda Europa non se puido recolocar a máis de 23.000 refuxiados, cando o obxectivo eran 160.000. "É un proceso complexo e trataremos de axudar para que se acelere da mellor forma posible, pero non é un problema só do Goberno, nin exclusivo deste Goberno", declarou.


Estas explicacións non serviron a Lastra, quen acusou ao Executivo de falta de humanidade por "mirar para outro lado" cando ve "unha realidade que non lle gusta".

relacionada Chegan á Coruña catro refuxiados sirios procedentes de Turquía
relacionada A Rede Galega de Apoio aos Refuxiados pide "desatascar" o proceso de acollida

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress