O folk máis internacional regresa este xoves a Ortigueira

|

OrtigueirafestivalPresentación do Festival de Ortigueira.


O Festival de Ortigueira, unha das citas de música folk máis importantes do mundo, regresa este ano na súa 33ª edición e un cartel cunha destacada presenza internacional e galega.


A organización programou, así mesmo, unha serie de actividades paralelas ao evento, que se estenderá entre o 13 e o 16 de xullo, como talleres, pasacalles ou unha exposición.


O festival arrincará ás 20.00 horas deste xoves na praza do Concello, cun concerto inaugural a cargo de Festa Rachada, Os Carecos, a colaboración galega e xaponesa de Shun Yinemura e Xacobe Lamas e os nipóns Harmonica Creams. Ademais, actuarán a Bagad Krevenn Brest Sant Mark (Bretaña), The California and District Pipe band (Escocia) e a Escola de gaitas de Ortigueira.


O prato forte do día será no Escenario Estrela Galicia, onde actuarán as bandas principais. Alí celebrarase a final do Proxecto Runas 2017, con Noreia (Eslovenia), Gabriel G Diges (Irlanda) e Koji Koji Moheji (Xapón). Tamén se celebrarán os concertos de SKERRYVORE e Crebisnky.


Ao día seguinte, xunto a diversos pasacalles que encherán de música a localidade, celebraranse os concertos (a partir das 22.00 horas) de Bagad Kevrenn Brest Sant Mark, a Escola de Gaitas de Ortigueira, de Usher's Island, Scott Wood Band e BÖJ.


A terceira xornada acollerá as actuacións de The California and District Pipe band, Óscar Ibáñez & Tribo, Michael Mcgoldrick Band, Tejedor e Harmonica Creams.


O domingo, pola súa banda, iniciarase coa saída en comparsa de diversas bandas de nacións celtas, procedentes de Galicia, Asturias, Bretaña e Escocia. Ademais, a programación do escenario principal estará dedicada integramente a grupos galegos, con Gamelas e Anduriñas, Os Carecos e Convidados, Treixadura e A Roda.


ACTIVIDADES PARALELAS


Xunto aos tradicionais pasacalles, o Festival de Ortigueira inclúe este ano unha oferta de talleres e actividades paralelas para completar a oferta musical do evento.


Entre eles, o 'taller de empalletado, afinación e problemas da gaita' (xoves e venres), impartido polos artesáns Antón Corral e Ramón Corral e o 'taller de iniciación a zanfona' (sábado) impartido por Óscar Fernández.


Ademais, celebrarase un curso de Photo Street organizado por Galioart, entre o 14 e o 16, xunto a un taller de danza escocesa por parte dos membros de California & District Pipe Band, o venres.

relacionada Renfe programa 12 trens especiais para o festival de Ortigueira
relacionada O flautista máis ilustre do folk irlandés volve ao Festival de Ortigueira

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress