Yolanda Díaz asume a portavocía rotatoria de En Marea no Congreso

Durante o últimos seis meses foi Antón Gómez-Reino o que desempeñou o papel de representación da confluencia.


|

YolandadiazgomezreinoYolanda Díaz e Antón Gómez-Reino.


A deputada de Esquerda Unida Yolanda Díaz asumiu este martes a Portavocía de En Marea no Congreso, en substitución do seu compañeiro de confluencia, o deputado de Podemos tamén pola Coruña Antón Gómez-Reino.


Este cambio prodúcese en virtude do acordo de rotación da portavocía que pactaron as tres forzas que compoñen En Marea --Podemos, Anova e Esquerda Unida-- cando selaron a súa alianza para concorrer nunha candidatura conxunta ás eleccións xerais.


Deste xeito, Díaz pasa a ser agora unha dos catro portavoces adxuntos cos que conta Unidos Podemos, o grupo parlamentario confederal no que se integra En Marea, e que comparte con Podemos, En Comú Podem e Izquierda Unida. Grazas a este novo posto poderá participar nas reunións da Xunta de Portavoces da Cámara.


PRIMEIRA VOLTA DA ROTACIÓN, COMPLETADA


A primeira en asumir a portavocía rotatoria foi a deputada de Anova, Alexandra Fernández, que desempeñou este papel durante a lexislatura fallida que sucedeu ás eleccións de decembro de 2015 e, despois, durante o primeiro período ordinario de sesións da lexislatura actual, que arrincou en xullo de 2016.


O pasado mes de xaneiro Fernández foi substituída por Gómez-Reino. Agora, pouco máis de seis meses despois, o deputado galego de Podemos cedeu o relevo á parlamentaria de Esquerda Unida, quen aproveitou a súa primeira comparecencia ante os medios para agradecer o seu labor ao seu predecesor.

relacionada Beiras carga contra Yolanda Díaz polas críticas a En Marea

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE