O móbil de Diana, clave para volver encamiñar a investigación

Os datos aínda están a ser estudados, coa esperanza de que sirvan para "seguir algunha liña ou descartar algunha das liñas abertas".


|

MoviltripaselectronicaOs datos do teléfono están a ser analizados.

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, confiou este luns en que o contido desbloqueado do teléfono móbil de Diana Quer permita "seguir algunha liña ou descartar algunha das liñas abertas".


En declaracións aos medios antes de participar nunha reunión en Santiago, Villanueva confirmou que os investigadores están a traballar neste contido "unha vez que se liberou". Os datos están "a ser estudados polos servizos centrais da Garda Civil".


Unha vez que se "obteña" e analice esta información, lembrou, verase "se é relevante para o caso ou non" e confiou en que permita que "se poida seguir unha liña" de investigación ou "descartar" algunha das abertas para esclarecer que ocorreu con Diana Quer.


Villanueva lembrou que "a Garda Civil non deixou de investigar nin de traballar no caso" e confirmou que con estes novos datos "non se vai deixar en ningún momento".

relacionada Sen data prevista para ter lista a análise do móbil de Diana Quer
relacionada A Garda Civil logra desbloquear o móbil de Diana Quer

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE