O lugués do crime de Huesca tivo a súa sobriña nun inferno

Segundo os datos da autopsia e a propia confesión do presunto asasino, as malleiras eran frecuentes.


|

Guardiacivilcinta

Naiara sufría malleiras de forma habitual.


Canto máis vai transcendendo sobre o crime que acabou coa vida dunha nena de 8 anos de Huesca, máis cruel se revela. Segundo datos da autopsia e a propia confesión do presunto asasino, un lugués de 33 anos, citados por Heraldo de Aragón, as malleiras eran frecuentes.


Segundo esta información, ademais das graves feridas que provocaron a morte da nena, Naiara, o seu corpo presentaba multitude de cicatrices e marcas que os forenses atribúen a agresións anteriores.


A instrución está a desenvolverse baixo segredo de sumario, mentres Iván Pardo Pena foi enviado a prisión provisional sen fianza como presunto autor dun delito de asasinato. Heraldo de Aragón afirma que confesou a autoría do crime.


Nin antecedentes médicos nin os forenses que o viron tras a súa detención apuntan a que o presunto autor poida pedecer algún tipo de enfermidade mental. Ademais, Iván Pena leva moitos anos traballando no sector da seguridade privada, o que obriga a superar un test psicotécnico.


Ao parecer, non se atopou ningún indicio de violencia sexual nas malleiras e vexacións da nena polo seu tío. O que parece claro é que permanecía encerrada en habitacións durante horas, incluso atada.

relacionada Un lugués, detido por matar dunha malleira á súa sobriña en Huesca

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE