Rajoy evita confirmar se usará o artigo 155 en Cataluña

"Non debo adiantar acontecementos nunca", defende o presidente, que fará "exactamente o contrario" que Puigdemont.


|


Rajoyg20cumbre 1

Rajoy, xunto con outros líderes.


O presidente do Goberno advertiu este sábado que non fará "nada" que estea "fóra da lei" para impedir a celebración do referendo independentista en Cataluña, "exactamente o contrario" que o que está a facer o presidente da Generalitat na súa defensa do desafío soberanista.


"Farei exactamente o contrario que o señor Puigdemont, que está a liquidar a Constitución española e a lei. Eu non farei nada, nada, fóra da lei, exactamente o contrario do que está a facer o señor Puigdemont", expresou nunha rolda de prensa ao termo do cume do G20 en Hamburgo.


Rajoy respondeu así a unhas declaracións nas que o presidente da Generalitat criticou este mesmo sábado ao Goberno por estar "disposto a todo" para impedir que se celebre o referendo.


Con todo, o presidente do Goberno non quixo responder á pregunta de se contempla ou descarta activar o artigo 155 da Constitución para forzar as autoridades catalás a cumprir a lei: "Son o presidente do Goberno e non debo adiantar acontecementos nunca".


O ARTIGO 155

Se unha Comunidade Autónoma non cumprise as obrigacións que a Constitución ou outras leis lle impoñan, ou actuase de forma que atente gravemente ao interese xeral de España, o Goberno, previo requirimento ao Presidente da Comunidade Autónoma e, no caso de non ser atendido, coa aprobación por maioría absoluta do Senado, poderá adoptar as medidas necesarias para obrigar a aquela ao cumprimento forzoso das ditas obrigacións ou para a protección do mencionado interese xeral.

Para a execución das medidas previstas no apartado anterior, o Goberno poderá dar instrucións a todas as autoridades das Comunidades Autónomas.


O que si deixou claro é que tampouco vai permitir que se celebre a consulta porque é "absolutamente ilegal" e pediu ao Goberno catalán "sentido común".

relacionada O TC deixa sen orzamento o referendo independentista catalán
relacionada Se gaña o 'si', a independecia catalá sería cuestión de 48 horas
relacionada Rajoy e Sánchez coinciden en facerlle fronte ao desafío independentista catalán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE