Sen data prevista para ter lista a análise do móbil de Diana Quer

"Pode ser que non teña nada, que teña algo e non sexa relevante ou pode ter moita información relevante", afirma o delegado do Goberno.


|

Dianaquer2O desbloqueo do móbil, "un paso máis na investigación".


O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, cualificou de "positivo" o desbloqueo do teléfono de Diana Quer e asegurou que supón "un paso máis" para a investigación dun caso que espera resolver "de forma positiva", aínda que precisou que é necesario esperar á súa análise para comprobar se o que garda o terminal é "substancial" para o caso.


A preguntas dos xornalistas, o delegado do Goberno non puido precisar canto se tardará en analizar o contido do teléfono, cuxos datos "se cruzarán" con outros xa existentes para comprobar se o que garda é "substancial" para seguir investigando o caso.


LIÑAS INVESTIGACIÓN


Unha vez analizado o contido, asegura o delegado do Goberno, saberase se "hai algo relevante" para poder continuar as investigacións "nun sentido ou outro", ou mesmo "descartar algunhas das liñas que están abertas".


"Pode ser que non teña nada, pode ser que teña algo e que non sexa relevante ou pode ser que teña moita información que si sexa relevante", comentou Villanueva sobre o contido do teléfono, cuxo desbloqueo supón "un paso máis" na investigación.


"Esperemos que se poida resolver o caso dunha forma positiva", concluíu Villanueva tras ser preguntado na Coruña, durante a súa participación na campaña especial de doazón de sangue no verán no cuartel da Garda Civil.

relacionada A nai de Diana Quer, con esperanza "de que avance a investigación"
relacionada A Garda Civil logra desbloquear o móbil de Diana Quer

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE