Jozabed reencóntrase co celtismo: "Foi sempre a primeira opción"

Ambas as partes agradécense mutuamente o "esforzo económico" que os levou a volver unir os seus camiños.


|

JozabedpresentacionJozabed, na súa segunda presentación co Celta.

Jozabed xa enfundou a camiseta da tempada 2017/18. O futbolista andaluz seguirá vestindo a celeste ata 2021, xa como xogador en propiedade do Celta. Tal e como informa o club na súa web, o centrocampista estivo acompañado na súa segunda presentación como céltico polo conselleiro Antonio Rosendo e o director deportivo Felipe Miñambres. "Estou feliz. O club fixo un esforzo grande por contar comigo e agora quero demostrar no campo esa confianza", declarou o xogador.


Tal e como o conselleiro Antonio Rosendo dixo, a prentación de Jozabed "non é unha ao uso". E é que os catro meses nos que defendeu o escudo do Celta como cedido foron suficientes para gañar o respecto e agarimo de equipo e afección, un futbolista, en palabras de Rosendo, "que xa forma parte da nosa familia". Pola súa banda, Miñambres subliñou o esforzo que Jozabed realizou para poder seguir no club vigués, "tamén no aspecto económico".


Jozabed asina ata 2021. Non podía estar máis "feliz", tal e como expresou en rolda de prensa, e é que a do Celta era para o andaluz "a primeira opción". O xogador envía unha mensaxe rotunda: "Devolverei a aposta do club con traballo e bos partidos".

relacionada O Celta quere pechar co Fulham o traspaso de Jozabed
relacionada Mouriño acepta negociar a concesión do estadio de Balaídos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE