"Axuste orzamentario" como escusa para non pagar a 50 sanitarios de Santiago

|

Hospitalmedicos50 traballadores non cobraron o mes de xuño.

Está o Sergas "tan en bancarrota como para non dispoñer do diñeiro que precisa para pagar as nóminas do mes de xuño"? É a pregunta que se fai CIG-Saúde de Compostela ao denunciar que máis de 50 traballadores de atención primaria, na súa maioría en praza vacante desde o 16 de maio, non van cobrar o seu soldo ata finais de xullo.


Desde o sindicato mostran a súa indignación pola resposta dada a algún traballador por parte da Xestión Integrada de Santiago, que contestou que "non se pode pagar por axuste orzamentario".


A escusa cualifícana de "curiosa", tendo en conta que o propio Feijóo asegurou que a crise en Galcia quedaba atrás e que o persoal funcionario ía recuperar, na nómina do mes de xuño, as retribucións perdidas. Outra promesa que tachan de verdade a medias.


A CIG-Saúde asegura que "non existen razóns claras nin fundamentadas para que os ditos traballadores non cobren esa nómina" e esixen o seu inmediato pago.

relacionada O Sergas nega a traballadoras eventuais horas de lactación e o permiso para casar
relacionada Persoal do Sergas esixe en Santiago recuperar os seus dereitos "suspendidos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress