Os emigrantes e a pesca, preocupacións galegas fronte ao Brexit

|

Maletasemigracion


O director xeral de Relacións exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, defendeu este venres que o Goberno galego traballará e estará "atento a minimizar o impacto" do 'Brexit' nos dereitos dos galegos que viven en Reino Unido, en cuestións como as prestacións sanitarias ou sociais.


Tamén ratificou, na Comisión parlamentaria de Economía, que se dará a batalla para que "a política pesqueira non sexa o parente pobre da negociación" para a saída de Reino Unido da UE, dados os intereses que ten a frota galega e tamén as empresas.


En resposta ao deputado socialista Abel Losada, o dirixente da Xunta incidiu tamén en que a Xunta estará pendente dos efectos do 'Brexit' noutras áreas como a de exportacións ou nos estudantes que viven en Reino Unido.


Ante as críticas de Losada, quen alertou da "falta de interese e de información" do Goberno galego sobre os posibles efectos adversos do 'Brexit', defendeu que este é "un proceso aberto" e en "continua evolución" que a Xunta segue "con atención".


Respecto diso, avogou por actuar segundo a información que a Administración "vaia tendo".


"Eu estarei encantado de ir informando conforme vaia avanzando a negociación", resaltou, satisfeito polos contactos co Goberno e con que, en áreas estratéxicas para Galicia, outras comunidades fosen "solidarias" coas demandas da galega.


"FALTA DE REFLEXOS" DE RUEDA


Pola súa banda, Losada incidiu no posible impacto que o 'Brexit' terá sobre o téxtil, así como os sectores do automóbil e da pesca, e ironizou coa "falta de reflexos" do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, "tan dinánico e rápido" noutras cuestións como "articular mocións de censura" en Pontevedra.


Losada referíase ás recentes declaracións de Rueda nas que incidía en que o Goberno consultaría e informaría a Galicia sobre os pasos que vaia dando nas negociacións. "Un ano despois", reprobou Losada, quen reclama que a información "flúa".

relacionada Crecen as agresións xenófobas contra emigrantes españois no Reino Unido
relacionada A Deputación da Coruña organiza un debate sobre o 'Brexit' e retos da UE
relacionada O embaixador británico en España comprométese cos dereitos dos galegos emigrados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress