Dan o alto a un condutor que quintuplicaba a taxa máxima de alcoholemia

Unha patrulla da policía local de Ponteareas interceptouno circulando polo centro urbano sospeitosamente amodo.


|

Alcoholimetrogc


A Policía Local de Ponteareas interceptou a pasada madrugada a un condutor que quintuplicaba a taxa máxima de alcoholemia permitida.


Segundo un comunicado emitido polas forzas da orde, unha patrulla observou un vehículo circulando polo centro urbano de Ponteareas circulando a "unha velocidade anormalmente reducida".


Ao achegarse ao coche, os axentes detectaron que o seu condutor se atopaba "baixo a influencia de bebidas alcohólicas" e, ao facer a proba, comprobouse que quintuplicaba a taxa permitida.


Así as cousas, o caso remitiuse ao xulgado de garda, por un suposto delito contra a seguridade viaria. O xuízo rápido celebrarase o vindeiro martes, día 11.

relacionada Trasladan ao hospital un condutor que quedou durmido durante un control de alcoholemia
relacionada Ao volante dun camión dumper sen ter carné e quintuplicando a taxa de alcol

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE