O goteo de folgas sectoriais, unha ofensiva para recuperar dereitos

|

MetalhuelgaconvenioMobilización do metal. //Foto: CCOO Galicia

O secretario xeral de CC.OO. en Galicia, Ramón Sarmiento, lamentou que a Xunta "ten esquecido nun caixón" todo o que ten que ver cos conflitos laborais ou as negociacións colectivas e instou o executivo a "reformular" a súa organización en materia de Traballo.


De feito, indicou que as mobilizacións dos sindicatos do transporte e do metal están a revelarse como "a infantería lixeira" da ofensiva dos traballadores por "recuperar salarios e dereitos".


Así o sinalou este xoves en Ourense, momentos antes de presidir unha asemblea aberta para dar a coñecer o plan de traballo da nova dirección sindical en Galicia. Sarmiento explicou que tras uns anos "á defensiva", nos que o sindicato tentou "conter todo o que se quería recortar", a mellora da situación económica permite "reformular" unha ofensiva que reclame para unha mellora dos soldos e condicións laborais dos traballadores.


EXCLUÍDOS DA RECUPERACIÓN


"A sensación é que os traballadores están a ser excluídos dese espazo de recuperación e que os empresarios están cómodos tentando perpetuar un escenario de negociación desequilibrado", dixo Sarmiento.


Por este motivo, non descartou un incremento das mobilizacións, aínda que incidiu en que "a negociación colectiva segue sendo o espazo idóneo" para a recuperación de salarios e dereitos.


Sarmiento lembrou que en Galicia as mobilizacións dos sindicatos do transporte e do metal na Coruña estanse revelando como "a infantería lixeira" da ofensiva dos traballadores por "recuperar salarios e dereitos" e lembrou que no caso do metal trátase da negociación dun convenio "que debería pecharse hai dous anos e medio".


O representante sindical criticou á Xunta de Galicia por "poñerse de perfil en todos os conflitos laborais" cando "teñen moito que facer e moito que dicir".


Así, instou ao presidente a "reformular como está organizado" o departamento de Traballo.


GALICIA, "SEN DELEGADOS DE TRABALLO"


"En Galicia non hai delegados de Traballo desde que chegou Feijóo e tampouco hai Consellería propia. Industria asume as competencias, pero todo o de Traballo teno esquecido nun caixón", lamentou Sarmiento.


Esta situación, segundo o líder sindical, provoca que "non teñan interlocución" na Xunta para falar de convenios colectivos ou negociacións.


O líder sindical tamén asegurou que desde o seu nomeamento, a finais de maio, aínda non foi recibido polo Executivo galego a pesar de que solicitou unha reunión "hai un mes".

relacionada Os traballadores do 112 conseguen as súas demandas e dan por finalizada a folga
relacionada As protestas do metal esténdense á provincia de Pontevedra
relacionada A Xunta segue adiante co seu plan de transporte co conflito enquistado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress