Santiago terá no outono unha foto fixa dos apartamentos turísticos

|

JorgeduartemartaloisJorge Duarte e Marta Lois (esquerda), durante a xornada.


Os concelleiros de Turismo e de Espazos Cidadáns, Marta Lois e Jorge Duarte, participaron esta mañá nas xornadas Turismo masivo e patrimonio, organizadas polo Consello da Cultura Galega.


Na súa intervención, os concelleiros analizaron os datos turísticos de Compostela, que o ano pasado conseguiu cifras récord en canto ao número de visitantes e pernoitas "cun crecemento do 34% en relación ao ano 2006". Ademais, Jorge Duarte fixo fincapé na poboación de Compostela, que aínda que sobre o papel é de 95.000 persoas, "achégase aos 150.000 na área metropolitana e ás 120.000 coa poboación flotante".


GOBERNANZA DO TURISMO


Jorge Duarte e Marta Lois presentaron, así mesmo, os retos e obxectivos que o Goberno local se marca na xestión do turismo nunha cidade patrimonio coma Santiago a medio prazo. "Queremos definir un novo modelo de gobernanza do turismo integrado na estratexia do modelo de cidade, que parta da corresponsabilidade entre distintos sectores da cidade".


Marta Lois fixo un repaso polas problemáticas e as oportunidades do turismo en Compostela e avanzou que no outono se poderá contar cunha diagnose dos apartamentos turísticos que ten a cidade para poder ter unha foto fixa da situación deste tipo de inmobles. Nese sentido, Jorge Duarte destacou que, a día de hoxe, "segue sendo moi difícil adquirir un inmoble no centro histórico que se vaia destinar a vivenda".

relacionada Santiago incrementa en 7.000 euros as subvencións en materia de igualdade
relacionada Os orzamentos participativos de Santiago reciben case 300 propostas válidas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress