Os galegos deixamos cada mes unha cuarta parte do soldo no aluguer

No conxunto de España, os traballadores necesitan case un terzo do que cobran, con grandes diferenzas entre autonomías.


|

Pisosviviendasalquiler


Os galegos invisten unha media de 24,79 por cento do seu salario mensual bruto (que son uns 1.784,25 euros ao mes) ao pago do aluguer da súa vivenda, segundo datos recollidos nun estudo levado a cabo polo portal inmobiliario Fotocasa e a plataforma de emprego Infojobs.


O estudo indica que, ao peche do ano, a media en Galicia foi inferior á nacional, que se situou no 31 por cento do salario mensual bruto (1.931,50 euros en 2016) para o pago da vivenda. O prezo do aluguer en España situábase en 7,49 euros o metro cadrado ao mes, por 5,53 nesta comunidade.


Con estes datos, Galicia sitúase como a quinta autonomía onde o aluguer consome un menor porcentaxe do soldo e onde o custo do metro cadrado en aluguer é menor, por diante de Estremadura (19,97% e 4,56 euros), Castela-A Mancha (21,5% e 4,75 euros), A Rioxa (23,61% e 5,11 euros) e Murcia (24,05% e 5,34 euros).


No lado oposto, as comunidades co prezo do aluguer máis elevado son Cataluña, onde se inviste en torno ao 46,3 por cento do soldo nun piso de 80 metros cadrados (11,24 euros o metro). Por detrás sitúase Madrid, cun custo de 10,8 euros o metro cadrado que consome o 41,37 por cento do salario; e Euskadi, onde o metro cadrado elévase a 10,5 euros e supón 44,26 por cento da nómina.

relacionada Crecen en Galicia os desaloxos de familias non pagar o aluguer
relacionada Os galegos necesitamos aforrar 27 anos para poder comprar unha vivenda

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE