As Noites Teatrais de Vilamarín chegan á súa XXX edición

Este ano amplían unha xornada, ata cinco, os días do certame, que se celebrará entre o 10 e o 14 de xullo, con protagonismo do teatro galego.


|

NoitesteatraisvilamarinPresentación desta edición do festival.


A XXX edición das 'Noites teatrais' de Vilamarín (Ourense) ampliarán as representacións nunha xornada máis, ata cinco, e apostarán polo teatro feito en Galicia. Así o confirmou o alcalde da localidade, Amador Vázquez, durante a presentación deste festival, que terá lugar entre o 10 e o 14 de xullo e que, entre outros, contará coa participación da compañía Contraproducións, recente gañadora de cinco premios María Casares.


A Deputación de Ourense acolleu este martes a presentación oficial do programa dun certame que "non só é un referente en Galicia", senón que esperta o interese de numerosas compañías nacionais, tal e como relatou o propio edil de Vilamarín.


Vázquez explicou que este ano o Concello recibiu chamadas de varias compañías nacionais que estaban interesadas en participar nesta cita teatral, pero que "para tratar de potenciar a cultura galega" apostouse por espectáculos desta comunidade autónoma.


Outra das novidades do certame nesta edición é que se pasa de catro a cinco noites con representacións, ás 22,30 horas, no Auditorio Municipal.


CALENDARIO DE ACTUACIÓNS


O encargado de abrir o pano será o Grupo de Teatro de Vilamarín, que representará a obra 'Melocotón en almíbar', unha obra de 1953 "chea de humor e de comedia", cuxo contido é "de bastante actualidade", segundo o responsable de Cultura.


Desde a organización insistiuse en "o orgullo" que supón a estrea dunha compañía composta por veciños de Vilamarín (licenciados, enfermeiros ou agricultores) que se achegaron á escena a través das 'Noites Teatrais' e que, nesta ocasión, contaron coa produción e asesoramento de técnicos de Sarabela Teatro.


O 11 de xullo, a aula de Teatro Universitario de Ourense representará 'A última cornixa do mundo', un espectáculo que Marcos Vázquez definiu como "a obra máis poética e sensible de toda a semana".


O mércores 12 de xullo a compañía Teatro do Morcego de Narón (A Coruña) representará 'Os Lanuxes non deben de namorarse', de Castelao; e o xoves 13 de xullo será a quenda de Malasombra Produccións da Estrada (Pontevedra), que representarán a obra 'O caso é ter saúde'.


O peche das 'Noites Teatrais' correrá a cargo da compañía Contraproduccións, que representará 'O tolleito de Irishmaan', unha obra que foi recentemente galardoada con cinco premios María Casares, entre eles os de mellor actor principal e mellores actores secundarios, segundo Marcos Vázquez.


As xornadas teatrais, organizadas polo Concello de Vilamarín, contan coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense.


O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, reiterou o respaldo da Deputación a "este tipo de iniciativas que aglutinan tempo libre, cultura e convivencia social" e lembrou que as 'Noites Teatrais' se converteron nun dos certames de artes escénicas máis importantes de Galicia".

relacionada Crece o número de compañías de teatro e danza, e abren salas de concertos
relacionada Os María Casares reivindican a actividade teatral na súa XXI edición

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE