A Garda Civil logra desbloquear o móbil de Diana Quer

A operación completouse en Alemaña. O aparello xa está a ser analizado por se pode conter pistas que fagan reabrir o caso.


|

DianaquerDiana Quer, a moza desaparecida na Pobra.

O móbil de Diana Quer, un elemento clave para a investigación sobre a desaparición da moza hai case un ano, puido ser desbloqueado. Tal e como informa Telecinco, a operación, que custou pouco máis de 2.000 euros, acábase de completar en Alemaña.


Segundo a canle de televisión, desde este mércores está a analizarse a información contida no terminal para ver se é lexible. No caso de que o informe que realicen os axentes revele algún dato clave, o xuíz podería reabrir o caso.


A persoa responsable de tirar o móbil á auga nas proximidades do porto de Taragoña tentou rompelo e desbloquealo. Unha operación na que gastou uns sete intentos, cun PIN erróneo. Por iso, os investigadores sospeitan que trataba de borrar información comprometida, en forma de mensaxes, fotos, vídeos ou audios.


Segundo La Voz de Galicia, a Garda Civil xa comunicou este avance na investigación á familia da moza desaparecida.

relacionada Villanueva non "escatimará recursos" no caso Diana Quer malia o arquivo da causa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE