Mouriño acepta negociar a concesión do estadio de Balaídos

|

MourinoceltaMouriño, nunha captura do vídeo.


O presidente do Celta envía a través dun vídeo publicado na web do club, unha mensaxe ao celtismo. Tras anunciar en abril su marcha "irreversible"Carlos Mouriño acepta negociar a proposta do Concello de Vigo de ceder o estadio de Balaídos en forma de concesión, e así poder manter o equipo na cidade.


O mandatario celeste condiciona esa negociación a que en paralelo se fale da cidade deportiva. "Solicitamos que o estadio teña aparcadoiro, que podamos aproveitar locais comerciais, que se recollan as augas das inundacións, que unha vez aprobados os proxectos de reforma das bancadas non se modifiquen sen autorización do Celta, que o estadio sexa cómodo para os afeccionados con ascensores en todas as plantas, que os asentos sexan os correctos e se liquiden problemas graves como os que tivemos coa iluminación nos partidos da UEFA", enumerou.


"Estamos na mellor disposición para o diálogo e o entendemento, pero as decisións sobre o futuro do Celta as toma exclusivamente o Celta", lembrou o presidente, quen volveu repasar as deficiencias do actual estadio e do proxecto de reforma e subliñou que calquera proposta "debería vir acompañada dunha parte xurídica e legal que dese tranquilidade de futuro".





Mouriño anunciou tamén a contratación de Jozabed, tras chegar a un acordo co Fulham, que vestirá o xogador de celeste durante as próximas 4 tempadas. É a segunda incorporación das catro que Unzué pediu para a campaña que comeza en agosto.

relacionada Mouriño anuncia que o Celta se vai de Vigo: "Bótannos, non hai retorno"
relacionada Vigo non ten 'plan B' se Mouriño mantén o seu rexeitamento á concesión de Balaídos
relacionada Caballero, sobre Balaídos: "Estamos a construír o Guggenheim do fútbol"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress