O Depor presenta as novas camisetas para a tempada 2017-18

Mar, Faro e Porto son os nomes das camisetas, máis mariñas que nunca, tal e como di o lema da presentación: "Somos xente mariñeira".


|

Camisetas

As camisetas da próxima tempada - vía @RCDeportivo


O Deportivo da Coruña presentou as novas camisetas para a tempada entrante no Aquarium Finisterrae coruñés. A campaña leva o lema "somos xente mariñeira" e, por iso, nin sequera a néboa, que tapou o faro da Torre de Hércules, impediu a celebración. 


Estaba pensado que a luz da Torre iluminase o acto cunha luz azul, pero as condicións meteorolóxicas impedírono. 


A marca Macron fornecerá as camisetas, a primeira, Mar, branquiazul, coma sempre. A segunda coa bandeira galega, a cal foi denominada Porto. A camiseta alternativa chámase Faro, en honra á Torre de Hércules, e é de cor negra.


"Luciremos con orgullo, a Torre, as cores de Galicia e o mar. Convidámosvos a navegar connosco porque somos xente mariñeira e con iso non hai quen poida", indicou o presidente do Dépor, Tino Fernández.

relacionada Fede Valverde pasa recoñecemento médico e Orio Riera vaise

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE