O mercado chinés, atractivo para o sector agroalimentario galego

Xangai Fisheries, multinacinal propietaria da conserveira Albo, confirma o seu interese en canles "estables" para exportar desde Galicia.


|

Conservas


Representantes da multinacional Xangai Fisheries Xeral Corporation Group confirmou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o seu interese en abrir canles "estables" de exportación de produtos galegos de calidade ao mercado chinés, especialmente no sector agroalimentario.


Así o trasladou, en declaracións aos medios, o presidente da multinacional, Pu Shao Hua, tras o encontro que mantivo este martes en Santiago co titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e no que participaron tamén outros directivos.


"Moi contento" de visitar Galicia, tras a viaxe que o propio Feijóo realizou a China recentemente, Pu Shao Hua explicou que o encontro serviu para "profundar" nas posibles "colaboracións" con Galicia.


En especial, o grupo chinés, cunha facturación anual de máis de 900 millóns de euros e presenza en 40 países, ten interese en explorar as posibilidades que ofrecen o sector lácteo e o vitivínicola. De feito, preguntado acerca de se xa visitaron algunha empresa destes ámbitos, o directivo sinalou que na pasada xornada desprazáronse "a unha adega".


"Aínda que aínda é moi preliminar", puntualizou, antes de manifestar o seu desexo de traballar coa Xunta "paso a paso" para asentar canles de exportación no ámbito agroalimentario. Non en balde, destacou que os consumidores chineses apostan por "produtos de alta calidade" no sector da agroalimentación.


MELLORAR ALBO


Xangai Fisheries confirmou tamén o seu interese por "seguir mellorando" a conserveira viguesa Albo, da que este grupo é propietario.


En concreto, expón traballar en dúas liñas: reforzando a vocación internacional das súas conservas e "optimizar" os procesos mediante a innovación, aplicando as técnicas da industrias 4.0. "Todos saímos beneficiados desa liña de innovación", subliñou.

relacionada Industria, agroalimentación e luxo, oportunidades de exportación de Galicia a China
relacionada O téxtil leva a Galicia a tocar un novo máximo histórico en exportacións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE