Chegar a fin de mes, un reto para case a metade dos fogares galegos

A cifra baixa un 10% con respecto ao ano pasado. O Foro Económico destaca que os datos do paro mostran a "tendencia favorable" da economía.


|

Comprafindemespensionistas


Un 10,11% dos fogares galegos (un de cada 10) chega con moita dificultade a fin de mes e un 35,36% (case catro de cada 10) faino con dificultade, segundo a enquisa conxuntural que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).


Neste trimestre melloraron tres dos catro indicadores parciais de perspectivas económicas: o indicador de situación financeira persoal aumentou 0,85 puntos, o de situación económica en Galicia 2,43 puntos e o de desemprego aumentou 3,21 puntos. A previsión de capacidade futura de aforro, pola súa banda, diminuíu 0,92 puntos.


O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de ingresos do fogar. Así, os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos, mentres que a confianza aumenta ao incrementarse os ingresos do fogar.


Con respecto ao segundo trimestre do ano 2016, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes creceu 10,15 puntos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade 0,59 puntos. Pola súa banda, a de fogares que chega con dificultade caeu 10,75 puntos no segundo trimestre de 2017 respecto ao mesmo período do ano anterior.


NINGÚN EXTRA


O 24,08% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír cear, ir ao cinema, etcétera.


Ademais, o 11,58% dos fogares galegos diminuíu gastos comúns, como a roupa e o calzado, o transporte, etcétera (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación).


O 64,05% dos fogares galegos pensou saír cear, a cafeterías, ir ao cinema ou ao teatro no próximos tres meses, o 39,94% aforrar algo de diñeiro, o 38,29% facer algún extra en produtos de alimentación e o 17,97% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.


Diminúe a porcentaxe de persoas que pensou nunhas vacacións, viaxes ou estancias de lecer no próximos tres meses respecto ao mesmo período do ano anterior (19,35% no segundo trimestre de 2016 fronte ao 16,85% do segundo trimestre de 2017).


"TENDENCIA FAVORABLE"


O Foro Económico de Galicia destacou que os datos de paro do mes de xuño evidencian a "tendencia favorable" da comunidade autónoma respecto das cifras do desemprego.


A preguntas dos medios en rolda de prensa, o profesor Patricio Sánchez valorou uns datos "especialmente bos", unha premisa que "non é sorprendente" tendo en conta a tendencia "claramente" positiva deste indicador nos últimos meses que "podería continuar incrementándose". "Claramente, foi un trimestre bo", insistiu.

relacionada A taxa de aforro dos fogares cae ao seu valor máis baixo desde 1999
relacionada Crecen un 7,6% as empresas e familias galegas que van á quebra

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE