Atopan nun río en Ordes o corpo dun home desaparecido o luns

Saíu a pasear pola mañá, coma de costume, pero non volveu a casa. Achárono en unha zona de difícil acceso.


|

O corpo dun home desaparecido este luns en Santa Cruz de Montaos, en Ordes (A Coruña), foi atopado por unha veciña flotando no río, segundo informa o 112.


Ao fío das 15,00 horas da tarde pasada, a súa familia púxose en contacto co persoal do 112 Galicia para advertir da desaparición do home. Indicaba que saíra pasear pola mañá --como facía de costume-- e non volvera a casa.


Entón, o 112 trasladou os feitos á Garda Civil que, a partir de aí, puxo en marcha un operativo de busca no que participaron os efectivos de Protección Civil, Bombeiros e o 061, ademais de familiares e veciños.


Ao fío das 20,30 horas os membros de Protección Civil da localidade comunicaban ao 112 Galicia a aparición do home falecido flotando nun río de pouca profundidade, nunha zona de monte e de difícil acceso, no lugar de Guindibó.


Por iso, foi solicitada a intervención dos Bombeiros da comarca, que, coa axuda dos membros de Protección Civil, recuperaron o cadáver.


relacionada Aparece en bo estado a muller desaparecida en Marín

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE