O PPdeG enfrontaranse ao Goberno polo veto ao traspaso da AP-9

Puy di que o Executivo de Rajoy "equivócase", mentres En Marea e PSdeG reprochan o "nulo peso político" de Feijóo.


|

Rajoyfeijooppmitin


O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, considerou que o Goberno "se equivoca" no seu informe no que veta a tramitación no Congreso da proposición de lei de transferencia a Galicia da Autoestrada do Atlántico, a AP-9.


Neste sentido, Puy lembrou que esta segunda proposición de lei foi redactada "co concurso dos servizos xurídicos" da Cámara para evitar un "posible veto". "Evidentemente, como sabe, nun Estado federal coma o noso os conflitos xurídicos e de interpretación de normas son frecuentes. Por iso hai recursos de inconstitucionalidade e o Constitucional esta todo o día decidindo que informes xurídicos dos de cada parte son os que teñen razón ou non", defendeu.


"Nós entendemos que a razón está da nosa parte", engadiu Puy, quen reiterou que "a canle adecuada para resolver estas cuestións" é "a través de normas" ou de "recursos que se poidan propor", partindo da base de que o PPdeG defende a transferencia e que o Goberno "comete un erro non facilitado este debate".


DEBATE "XURÍDICO", NON DE "COR"


O parlamentario 'popular' tamén se referiu ás declaracións de Fernández Leiceaga (PSdeG), nas que pedía a Feijóo actuar como Presidente para conseguir o apoio de Ana Pastor na mesa do Congreso.


Respecto diso, Puy defendeu que o PP "é algo máis serio que o PSOE" e "tómanse decisións en grupo", advertindo de que pensar que "a cor -política- pode influír" sobre un debate "xurídico" é "non entender demasiado o Estado Autonómico".


"CINISMO E HIPOCRISÍA POLÍTICA"


O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, esixiu ao titular da Xunta, que "exerza como presidente do PP de Galicia" e "garanta" que se debate en Madrid a iniciativa.


"A aritmética dá", remarcou Leiceaga nunha rolda de prensa na que incidiu en que para romper o "bloqueo" imposto por segunda vez polo Goberno que dirixe Mariano Rajoy "bastaría" o voto da pontevedresa Ana Pastor, deputada e presidenta do Congreso, para que o trámite continuase na Cámara baixa.


O portavoz socialista incidiu en que, para o seu "veto", o Goberno de Rajoy se apoia en "datos falsos" e tenta "disfrazar como técnica e financeira" unha decisión que "realmente é política".


Unha decisión que evidencia, continuou, "un rexeitamento claro ás posicións de Feijóo por parte do Goberno de Rajoy" ou ben "unha estratexia" do presidente da Xunta cargada de "cinismo e hipocrisía política".


FEIJÓO, "CÓMPLICE"


O portavoz de En Marea, pola súa banda, criticou este luns que Feijóo non sexa "capaz de facerse valer" ante o PP en Madrid para resolver o veto que pesa no Congreso sobre a transferencia da AP-9. "Ou é cómplice ou é un home de palla", sentenciou.


En rolda de prensa, fixo fincapé en que o mandatario, a pesar de contar coa única maioría absoluta do seu partido en Madrid, ten "nulo peso político". Na mesma liña, lamentou que Feijóo se vexa "reducido a menos que un subdelegado do Goberno", ata o punto de non lograr que "se cumpra a vontade unánime" do Parlamento de Galicia e se produza no debate no Congreso sobre o traspaso de "unha infraestrutura esencial" para a comunidade.

relacionada O Goberno central volve vetar a tramitación da transferencia da AP-9
relacionada A valedora do Pobo abre investigación de oficio sobre as retencións na AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE