Maxi Gómez fai a súa pretemporada particular na Madroa

O cadro celeste non volve aos adestramentos ata a próxima semana e o atacante uruguaio traballa para arrincar con vantaxe.


|

MaxigomezentrenamientoMaxi Gómez, adestrando no ximnasio. Fonte: RC Celta


Nin unha semana leva en Vigo, pero o recentemente incorporado Maxi Gómez xa está plenamente instalado na súa nova rutina como celeste. O dianteiro aseguraba nas súas primeira declaracións como celeste estar "ansioso por comezar".


Tal e como informa o Celta na súa web, o futbolista uruguaio leva desde o xoves ao choio nas instalacións deportivas da Madroa. Baixo a supervisión do recuperador do primeiro equipo Pedro Docampo, Maxi iniciou un plan de adestramento que ten como obxectivo acelerar a súa adaptación ao grupo.


O atacante descansou sábado e domingo e retomou o traballo este luns sen tregua ata a seguinte fin de semana, última antes do inicio oficial da pretemporada. As sesións de adestramento de Maxi están estruturas en dous bloques, un físico xeneral baseado en exercicios de forza e resistencia cardiovascular, e outro técnico-táctico co que afacer a súa musculatura ao golpeo.

relacionada Así é Maxi Gómez, a nova fichaxe do Celta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE