O 'bono do autónomo' quedará aprobado esta mesma semana

Trátase dunha axuda de 3.000 euros para traballadores galegos cuxo negocio leve polo menos 42 meses funcionando.


|

Autonomos 1


O presidente da Xunta anunciou que o xoves desta semana, na reunión semanal do seu Executivo, aprobarase o 'bono do autónomo', unha medida "pioneira" dotada con 3.000 euros por autónomo e encamiñada a que os emprendedores galegos poidan consolidar os seus negocios.


Feijóo anunciou a aprobación inmediata desta iniciativa, pensada para un milleiro de traballadores cuxo negocio leve un mínimo de 42 meses en funcionamento, nun encontro celebrado en Santiago baixo o lema 'Os nosos autónomos, a nosa forza, Galicia 2017', no que tamén participou o conselleiro de Economía, Francisco Conde.


Nesta cita, o presidente ratificou, ademais, que unha vez que se aprobe a lei estatal do autónomo, o seu Goberno activará a estratexia galega planificada para este colectivo, de forma que o 80 por cento dos recursos reservados para os autónomos queden "activados" en xullo.


Entre as medidas que inclúe a estratexia galega, xa anunciadas e que Feijóo ratificou, están as de "ampliar" a "tarifa plana" para os novos autónomos e o permiso de maternidade para este colectivo --contratando unha persoa que substitúa ao titular do negocio que está de baixa outras 16 semanas máis--.

relacionada Os autónomos poderán deducir 26 euros ao día en gastos de manutención
relacionada Galicia, entre as comunidades que lideran o descenso de autónomos no primeiro trimestre

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE