Conde Roa declara polas sospeitas sobre o financiamento do PP de Santiago

Fora citado hai máis dunha semana no xulgado, pero non acudiu xustificando que actualmente vive en Alemaña.


|

ConderoaabogadojuzgadoConde Roa, nunha visita anterior ao xulgado.


O ex alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, acudiu este luns "tranquilo" ao xulgado para someterse ao interrogatorio en relación a un suposto financiamento irregular do PP de Compostela, unha cuestión que forma parte dunha peza separada da Operación Pokémon.


O ex rexedor chegou aos xulgados lucenses pouco antes das 10,00 horas e rexeitou realizar manifestacións ante a prensa. Con todo, interpelado sobre se se atopaba tranquilo, dixo que si, "como sempre", e indicou que acode a declarar "encantado" e "sen ningún problema".


A peza da Pokémon que afecta ao PP compostelán ten que ver con 17 ingresos bancarios que se fixeron en efectivo por un importe que ascende a case 27.000 euros, que non foron unha doazón e que figuran na documentación remitida polo banco. A cifra estaría vinculada ás municipais de 2011.


Hai pouco mais dunha semana, acudiu tamén como investigado por esta mesma cuestión o que fora concelleiro no Concello de Santiago durante a etapa de Conde Roa como alcalde, Albino Vázquez.


relacionada Conde Roa volve ser citado a declarar sobre o financiamento do PP de Santiago
relacionada Citan como investigados a Conde Roa e Albino Vázquez sobre as contas do PP de Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE