Arrinca a vacinación contra a pneumonía para adultos

Desde este luns aquelas persoas nadas a partir do 1 de xaneiro de 1952, é dicir, maiores de 65, poderán pedir cita no seu centro de saúde. 


|

Vacunaenfermerapinchazo


Este luns 3 de xuño comeza o período para a vacina trivalente no marco do novo calendario de vacinación para adultos. Está previsto previr doenzas como a pneumonía ou a meninxite en persoas nadas a partir do 1 de xaneiro de 1952, é dicir, a partir dos 65 anos.


A vacinación farase por medio de unha dose única e os interesados deberán pedir cita no seu centro de saúde por medio dos mecanismos habituais. Galicia colócase así como a cuarta comunidade autónoma en sumarse á vacinación antineumónica en adultos, despois de Madrid, Castela León, A Rioxa e a cidade autónoma de Melilla, segundo precisou a Xunta nun comunicado.


O obxectivo é que a vacina alcance o 60 por cento da poboación de 65 anos, o que se traduce en case 20.000 persoas. A Consellería de Sanidade prevé que, grazas a esta medida, se produza unha diminución de 2.600 casos de pneumonía nun prazo de cinco anos.


CALENDARIO DE VACINACIÓN


O obxectivo é que este novo calendario de vacinación se incorpore ás consultas de adultos para alcanzar así un aforro en recursos asistenciais. Ademais, a Consellería de Sanidade advirte de que a vacinación "non é unha actividade preventiva exclusiva da infancia".


O calendario establece catro grupos de idade: ata os 35 anos, de 36 a 49, de 50 a 59 e a partir dos 60. Preténdese aumentar a cobertura das vacinas da poboación adulta, incluíndo á poboación sa, máis aló das campañas específicas como a da gripe ou a vacinación para embarazadas.

relacionada A Xunta aproba o calendario de vacinación para adultos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE