Volven subir as temperaturas este domingo

|

Veranogaliciatemperaturasprimaveraplayapareja


Na xornada do domingo, empezará a consolidarse o anticiclón sobre Galicia, deixando ceos pouco nubrados ou despexados salvo no terzo norte, onde haberá nubes máis compactas con posibilidade dalgunha precipitación débil.


Segundo a información de Meteogalicia, o vento aumentará a súa intensidade co avance do día, ata soprar do norte con intensidade moderada, xa de tarde, na Rías Baixas e frouxo no interior.


As temperaturas, tanto mínimas como máximas, estarán en ascenso. Os valores máximos daranse en Pontevedra e Ourense, con 31º, mentres que os mínimos en Lugo, Ourense e Vigo, con 12º.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress