Vontade de diálogo na reunión entre sindicatos do metal e patronal na Coruña

Os sindicatos critican que a patronal se negue a incluír no novo convenio apectos como a subrogación do persoal, entre outros.


|

Metalacorua


A reunión de mediación entre os sindicatos do metal e a patronal polo conflito do convenio da Coruña, que leva sen actualizarse desde o ano 2014, rexistrou este xoves vontade de diálogo de todas as partes.


O encontro, no Consello Galego de Relacións Laborais, comezou ás 17,00 horas e contou coa participación de UXT, CCOO, CIG, patronal e a Inspección de Traballo.


Sobre as 19,00 horas houbo un receso nunha cita que prosegue e na que "está a haber diálogo", segundo sinalan fontes sindicais consultadas por Europa Press.


As centrais critican que a patronal "se negue" a incluír no novo convenio aspectos como a subrogación do persoal, a articulación de mecanismos de "fiscalización" do labor das mutuas no tocante ao control da seguridade laboral e os acordos sectoriais como o das auxiliares de Navantia.


Tamén, entre outros aspectos, esixen unha cláusula de revisión salarial "que garanta o poder adquisitivo" por encima do IPC, a activación dos pluses de antigüidade e xefatura de equipo, un "maior control" sobre as ETT e chegar a unha porcentaxe "mínima" de contratos indefinidos do 60%.


A mediación está a darse nun contexto de folga, tras dous días de paro --o pasado xoves 22 e este martes 27-- e con dous novos paros previstos para a semana que vén, o 4 e o 5 de xullo.

relacionada O sector do metal da Coruña afronta a súa segunda xornada de folga
relacionada Xornada "histórica" de folga no sector do metal coruñés por un convenio "digno"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE