Un morto e dous feridos nunha colisión frontal en Lugo

O accidente ocorreu sobre as 9,20 horas, cando os dous vehículos circulaban pola N-640, a dous quilómetros da autovía. 


|

Gruacocheguardiacivil

Foto de arquivo // EP


Unha colisión frontal entre dous turismos na mañá deste mércores en Lugo saldouse cunha persoa morta, un home de 50 anos, e dous feridos.


Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o accidente ocorreu sobre as 9,20 horas, cando dous vehículos que circulaban pola N-640, a uns dous quilómetros da rotonda da autovía, chocaron frontalmente.


Tras recibir o aviso dun alertante, o 112 solicitou a intervención dos Bombeiros e do 061. Tamén foron informados os axentes de Tráfico e de Protección Civil.


Os tres feridos foron trasladados por persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia, pero un deles faleceu no Lucus Augusti polas feridas sufridas.

relacionada Falece unha condutora tras sufrir un accidente de tráfico na Estrada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE