Así é Maxi Gómez, a nova fichaxe do Celta
O futbolista de 20 anos, procedente do Defensor de Montevideo, é a primeira fichaxe de Unzué.
O dianteiro uruguaio Maxi Gómez acaba de asinar o seu contrato co Celta para as seguintes cinco tempadas. O xogador, primeira fichaxe de Unzué, chega a Vigo procedente do Defensor Sporting, co que se proclamou campión do Apertura de Uruguai.
Nunha entrevista publicada para Celta Media, o uruguaio revela que procede dunha familia futboleira, o seu ídolo é Suárez e o momento que máis marcou a súa nova carreira foi o seu ascenso a primeira.
Ademais, considera que o fútbol español é diferente ao uruguaio e mostra a súa ilusión por demostrar a súa valía no club celeste, ao que quere "achegar moito". Fala de Aspas como un xogador "que o ten todo" e di que o pouco que puido ver de Vigo, encántalle.
Escribe o teu comentario