Shakira traerá o seu 'El Dorado World Tour' á Coruña

A cantante dará catro concertos en España, entre eles un na cidade herculina o día 23 de novembro


|

Shakiradoradoworldtour


Shakira dará catro concertos en España co seu 'El Dorado World Tour', que comeza o 8 de novembro en Colonia (Alemaña) e que neste primeiro tramo anunciado percorrerá Europa e Estados Unidos ata o 10 de febreiro de 2018 nas Vegas.


En España, as citas serán en Bilbao (17 de novembro, BEC), Madrid (19 de novembro, WiZink Center), A Coruña (23 de novembro, Coliseum) e Barcelona (25 de novembro, Palau Sant Jordi).


Este mesmo xoves 29 de xuño empezará ás 10:00 horas unha preventa na web da promotora www.livenation.es. A venda xeral comezará á mesma hora do venres 30 de xuño nas canles habituais.

"Grazas a todos por escoitar a miña música en tantos lugares ao redor do mundo. Teño moitas ganas de estar no escenario de novo cantando xunto con todos vostedes, todas as súas cancións favoritas e as miñas. Vai ser moi divertido! O camiño ao Dourado comeza agora!"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE