Educación introduce catro novas materias para o próximo curso en Galicia

Serán Identidade Dixital, Consumo Responsable, Valores democráticos europeos e Mobilidade escolar sostible e segura.


|

Alumnosordenadormulticulturalidad


Os alumnos galegos contarán con catro novas materias de libre configuración autonómica para o próximo curso. En concreto, serán Identidade Dixital, Consumo Responsable, Valores democráticos europeos e Mobilidade escolar sostible e segura.


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de ampliar o paquete de materias que poderán ofertar os centros educativos o ano que vén tras o "éxito" da implantación deste modelo nos últimos dous anos, co que busca reforzar competencias clave e potenciar a educación en valores.


No curso que termina implantáronse nove materias de libre configuración autonómica en ESO e outras 10 en bacharelato, chegando a un total de 1.239 centros e máis de 31.000 alumnos.


IDENTIDADE DIXITAL: XESTIÓN DA PRIVACIDADE


Así, nesta nova remesa de materias, Identidade Dixital abordará os contidos desta disciplina, é dicir, o conxunto de información sobre un individuo ou organización exposta na internet (como datos persoais, imaxes ou rexistros de diversa índole), para dotar aos mozos das ferramentas necesarias para xestionar a súa privacidade e coidar a súa reputación na rede.


CONSUMO RESPONSABLE: COIDAR O MEDIO AMBIENTE


Tamén se introduce unha materia sobre Consumo responsable, co búscase formar a unha "cidadanía máis crítica, autónoma e consciente" dos seus dereitos e responsabilidades como consumidores, incidindo na importancia de informase sobre as características dun produto e servizo ademais dos efectos negativos do consumismo extremo na sociedade e o medio ambiente.


VALORES DEMOCRÁTICOS EUROPEOS: DIÁLOGO INTERCULTURAL


En Valores democráticos europeos, os alumnos abordarán o diálogo intercultural, a colaboración, e a relación cos actores sociais, para favorecer a convivencia e o progreso cidadán e a construción da sociedade do futuro.


MOBILIDADE ESCOLAR SOSTIBLE: SEGURIDADE NOS DESPRAZAMENTOS


Finalmente, Mobilidade escolar sostible e segura exponse desde o punto de vista cívico e o respecto polas normas de convivencia no uso de espazos públicos e a garantía da seguridade nos seus desprazamentos, a tendendo o caso concreto dos colectivos máis vulnerables no uso da vía pública (nenos, maiores, ciclistas ou persoas con mobilidade reducida).

relacionada Anpas galegas piden que a separación de xemelgos nas aulas se valore "individualmente"
relacionada Educación bota o peche a varios centros o próximo curso "sen previo aviso"
relacionada Educación propón ás universidades adiantar a 'selectividade' a xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE