Galicia rexistra 250 incidencias na noite de San Xoán

A Coruña foi a cidade con máis incidencias, seguida por Vigo e Nigrán | En Praia das Lapas unha muller queimouse unha man e en Samil outra persoa sufriu queimaduras ao saltar unha fogueira. 


|

Sanjuan


Galicia rexistrou durante esta noite de San Xoán, concretamente entre as 00,00 e as 8,00 horas, un total de 250 incidencias. A maioría delas debéronse a fogueiras descontroladas, á inxesta excesiva de alcol, a pelexas e a persoas feridas por queimaduras.


Todo iso, explicaron a Europa Press desde a Xunta, requiriu a solicitude de ambulancias e a presenza das forzas da orde e dos Bombeiros nalgúns casos.


En concreto, a cidade que rexistrou máis incidencias foi A Coruña, con 35; seguida por Vigo, con 21; e a localidade de Nigrán (Pontevedra), con 10. Na cidade herculina, concretamente na Praia das Lapas, unha muller queimouse unha man; mentres que na praia de Samil, en Vigo, unha persoa queimouse ao tratar de saltar unha fogueira.


Pola súa banda, en Padrón (A Coruña) producíronse sete incidencias; en Oleiros, seis; e en Santiago, cinco. En concreto, unha persoa cravouse un cravo ao tratar de saltar unha fogueira na Praza do Matadoiro.


En Sanxenxo e Cangas (Pontevedra) rexistráronse cinco incidencias, mentres que na localidade coruñesa de Arteixo e na pontevedresa de Poio, catro.


Tamén na noite de San Juan, un coche caeu nas vías do tren en Foz (Lugo), pero, afortunadamente, ninguén resultou ferido.

relacionada Un home mata dun disparo un mozo de 25 anos en Chapela na noite de San Xoán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE