Tres mozos resultan feridos nun accidente de tráfico en Xove

Por outra banda, unha colisión entre dous vehículos en Cambre deixou feridas as súas dúas condutoras | Outro accidente en Zas saldouse cun motorista ferido de gravidade. 


|

Vistageneralcarreteracoches


Tres mozos resultaron feridos este sábado nun accidente rexistrado cando circulaban pola CG-2.3, á altura da rotonda do municipio lucense de Xove.


Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 8,00 horas, momento no que o vehículo no que viaxaban os mozos envorcou.


ACCIDENTE EN CAMBRE


Por outra banda, unha colisión entre dous vehículos deixa feridas as súas dúas condutoras. Ocorreu en Cambre, nunha vía de servizo paralela á autovía, na zona de San Vicente.


Foi un particular o que chamou ao 112 Galicia minutos despois das 6,00 horas desta madrugada para alertar do sinistro.


ACCIDENTE DE MOTO EN ZAS


Un motorista de 30 anos resultou ferido de gravidade na madrugada de este sábado en Zas tras caer da moto coa que circulaba.


Segundo informou o CAE 112 Galicia, os feitos ocorreron ás 5,00 horas no núcleo de San Cremenzo de Pazos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE