Ferreiro defende a legalidade da bandeira republicana no Museo Casares Quiroga

A Delegación do Goberno presentou un recurso no xulgado do contencioso-administrativo ao entender que vulnera a Lei de Símbolos


|


Casamuseocasaresquiroga


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, defendeu a presenza da bandeira republicana nun balcón de Cásaa Museo Casares Quiroga ao tratarse de unha insignia "simbólica" da figura do que fora presidente da Segunda República española.


Así respondeu, a preguntas dos xornalistas, despois de que a Delegación do Goberno presentase un recurso no xulgado do Contencioso-administrativo ao entender que vulnera a Lei de Símbolos, que prohibe pendóns non constitucionais en edificios públicos.


"Trátase dunha interpretación diferente da lei", asegurou Ferreiro, que defende que o Concello está a actuar "conforme á legalidade", posto que non se vulnera ningún precepto legal ao tratarse dun edificio cuxo uso é museístico.


Neste sentido, indicou que non se trata dun edificio de uso administrativo oficial, por tanto a presenza da bandeira republicana é "coherente" co uso museístico do inmoble.


"Só estase facendo unha insignia simbólica", dixo o rexedor, que defende que o pendón tricolor forma parte do conxunto de pezas que lembran a figura do político.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE