Portugal desminte la caída dun avión de extinción de incendios en Pedrógão Grande

A caída da aeronave fora confirmada pola Autoridade Nacional Lusa de Protección Civil Lusa


|

Incendioavion


A Autoridade Nacional de Protección Civil Lusa confirmara á primeira hora da tarde deste martes que un avión que participaba nas tarefas de extinción nos incendios que afectan desde a semana pasada Pedrógão Grande se estrelara. Con todo, estas informacións foron desmentidas e crese que o estrondo causado pola explosión dunha bombona de butano pode ser a causa do erro nas informacións.


Varias ambulancias e un helicóptero do Instituto Nacional de Emerxencia Médica (INEM) chegaron a desprazarse ao lugar dos feitos, unha zona de difícil acceso a Louriceira.


Fontes do dispositivo español enviado á zona barallaban que a aeronave supostamente accidentada non formase parte deste despregamento de axuda, a pesar de que medios locais citaran a posibilidade de que fose un avión estranxeiro. Finalmente todo foi desmentido e por sorte non hai que lamentar máis desgrazas. 



O incendio de Pedrógão Grande levou ata agora a vida de 64 persoas, parte das cales quedaron atrapadas nunha estrada mentres tentaban fuxir das chamas. O primeiro ministro luso, António Costa, pediu aos servizos de emerxencia que aclaren algunhas dúbidas, entre estas por que estaba aberta ao tráfico a nacional 236.


GALICIA ENVIA MEDIOS


A Xunta de Galicia enviou un dispositivo de medios de extinción formado por tres motobombas, tres brigadas de cinco membros cada unha, axentes forestais, varios técnicos e un camión cisterna con capacidade para 25.000 litros de auga para loitar contra os incendios forestais que afectan a Portugal. 


Nun comunicado, o Executivo autonómico lembrou que "desde o primeiro momento" ofreceu a súa colaboración en materia sanitaria, de emerxencias e de loita contra o lume. Para iso, puxo a disposición das autoridades portuguesas prazas na UCI e nas unidades de queimados dos hospitais galegos.


Ademais, tamén ofreceu un Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias, dous camións cisterna e varias motobombas, así como axentes forestais e brigadas que se ofreceron a participar de forma voluntaria.


Os medios ofrecidos por Galicia permaneceron en prealerta á espera de que fose necesaria a súa actuación e, este mesmo mediodía, o Goberno central --que canaliza as peticións das autoridades portuguesas-- solicitou o desprazamento á zona dos incendios de parte dos medios e persoal ofrecido por Galicia.


Deste xeito, os equipos galegos xa foron mobilizados e diríxense a Portugal. A Xunta reiterou, tal e como llo transmitiu ás autoridades portuguesas, o seu apoio ante a dramática situación que vive o país veciño. Ademais, trasladou o seu pesar polas vítimas e a súa solidariedade cos familiares e con todo o pobo portugués.

relacionada Expertos advirten que un incendio como o de Portugal é posible en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE